C21 solicita que se revisen as árbores de Tui debido a praga da Armillaria Mellea.

O noso voceiro acaba de solicitar por rexistro de entrada que se revisen tódalas árbores de Tui debido a que están a sufrir unha invasión da seta Armillaria Mellea, unha especie que apodrece as raíces das especies que coloniza. A maiores esta seta, a pesares de ser comestible, pode producir intolerancia en certas persoas e polo tanto deben manterse alonxadas dos nenos. 

C21 xa pediu unha revisión das polas dos plataneiros por perigo de caída e atópase alerta pola saúde da flora local. Para Palacín: "Os investimentos millonarios da Concellería de parques é Xardíns non acaba de traducirse na mellora da arborada".       

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?