C21 solicita a reparación do firme da estrada de Malvas.

 

O noso concelleiro, José Palacín, solicitou vía rexistro de entrada unha intervención na estrada de Sambade, na parroquia de Malvas, debido ao mal estado do firme. Neste percorrido a vía atópase chea de baches e con tramos de notable deterioro no asfaltado.

C21 lembramos a débeda do Concello de Tui ca vía principal que percorre esta parroquia de Malvas e explica que unha das maneiras máis eficaces de vertebrar o rural é a de habilitar os seus puntos claves de comunicación.

De feito, o illamento de Sambade fixo que este lugar perdera unha ducia de habitantes nestes últimos 20 anos, e do mesmo modo, que o CRA de Malvas tamén quedou sen funcionar por culpa da falla de alumnos. 
 
Prensa
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 14 de Decembro de 2021.

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Considero un erro os ultimatums en política