C21 insiste na correcta sinalización de determinados puntos do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui, poñendo agora o foco na zona da Catedral.


O concelleiro dos liberais de Tui, introduciu esta semana por rexistro de entrada unha petición para a correcta sinalización do Camiño ao seu paso por Tui.

Esta vez trátase da confusión que xera o Banco do Peregrino que se atopa diante da Catedral e que ten un moneco con frecha que sinala a porta da antiga oficina de turismo en vez de indicar a subida das escaleiras e continuar cara a Praza da Casa do Concello, e polo tanto en dirección ao casco histórico.

Ante esta situación, explica José Palacín: “Os que percorren o Camiño collen unha dirección errada cara a cidade nova”. Tamén explica que as indicacións para identificar a nova oficina de Turismo dende a Catedral son practicamente nulas.

Por outra banda, Converxencia 21 realizamos unha pequena enquisa entre os camiñantes sobre a sinalización da Ruta a entrada da fronteira e a maioría a consideran mala ou moi mala, así como pensan que dita entrada ten un aspecto indigno.

Ámbalas cuestións, especialmente a deficiente sinalización da Ruta a altura do cruce ca Rúa Tenencia e ca Estrada PO–552, xa o denunciaramos os liberais en nota de prensa en setembro de 2020 sen que o Goberno fixera nada ao respecto, e polo tanto, os peregrinos seguen a extraviarse por Martínez Padín cara arriba, desvirtuándose a verdadeira Ruta Xacobea.

Palacín pide o cambio de orientación da frecha do moneco para seguir as frechas amarelas que se atopan inscritas na Catedral e insiste en que a sinalización cando se entra en España resulta un despropósito.

 

Prensa. 

Telemariñas

 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.