C21 lamenta que o Goberno Local non acometera a restauración da Estatua do Bispo Rosendo Salvado que agora presenta claros signos de deterioro.

 

O pasado 1 de marzo, o Concello de Tui lembraba o nacemento de Rosendo Salvado publicando nas redes sociais a imaxe do monumento erixido a este egrexio tudense na praza da Inmaculada.

C21 lamentamos que o actual Goberno Municipal desbotara o proxecto de limpeza e restauración encargado polo Goberno de Carlos Vázquez Padín en 2019 coincidindo co 70 aniversario da inauguración deste conxunto escultórico e incluído no Plan Concellos dese ano.

O noso voceiro, José Palacín, advirte que: “O pedestal da estatua estase vendo invadido por unha colonización de algas e pola posible afectación de sales que deterioran a pedra. Especialmente grave é o degradación da escultura da muller aborixe en pedra caliza que mesmo perdeu un dedo e presenta ao aire libre un perno metálico oxidado”.

Polo tanto, C21 solicita ao Concello unha intervención que mitigue os efectos adversos do paso do tempo e así conservar en bo estado a que posiblemente é a obra máis sobranceira do artista ponteareano Alfonso Quinteiro Alonso.
 
Prensa. 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h do día 11/03/2022 
 
 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Considero un erro os ultimatums en política