C21 solicita por rexistro de entrada que o Concello de Tui realice unha concentración en solidariedade co pobo ucraíno e que se adhira ao envío de axuda humanitaria.


Nota do 2 de marzo.


O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Concello de Tui impulse unha concentración en solidariedade co pobo de Ucraína, que sofre a invasión por parte de Rusia.

Para Palacín, dita concentración debería incluír: “Un minuto de silencio polas vítimas da agresión rusa e unha repulsa por esta acción inxustificada e afastada das normas básicas do dereito internacional e da moral humana”.

Do mesmo modo, dende Converxencia 21 pedimos ao Concello que inicie a coordinación cas institucións que teñan competencia na materia co obxecto de facer acopio de axuda humanitaria destinada a paliar os efectos desta guerra iniciada polo dirixente ruso, Vladimir Putin.    
 
Prensa
 
 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Considero un erro os ultimatums en política