C21 considera as facturas do último expediente de crédito do Goberno socialista como o maior desenfreo financeiro da década.

 

O partido liberal de Tui, vimos de cualificar as facturas do Expediente de Crédito 2/2022 como o “maior desenfreo da década a nivel de xestión das finanzas en Tui”.

O noso voceiro, José Palacín, no pleno do último xoves, e durante media hora de intervención, criticou este listado de facturas por valor de 763.789,24€ porque segundo explica: “Trátase en bastante ocasións de malgasto para o cal o Goberno carece de crédito, faise un uso inadecuado do Remanente de Tesourería que debe estar enfocado a inversión e non a un gasto corrente producido por carecer de Orzamento Municipal, temos facturas que se introducen sen o procedemento estipulado pola Lei de Contratación do Sector Público (LCSP), con cantidades elevadísimas, a empresas recorrentes e as veces sen contar con ningún tipo de informe xustificativo”.

No seu discurso, o voceiro de Converxencia 21 fixo referencia especial aos encargos das Concellerías de Parques e Xardíns e de Vías e Obras, desglosando moitas facturas de forma específica, preguntando pola data e polo lugar de algúns alugueres, prestación de servizos, compra de materiais e realización de obras, e cotexando a metodoloxía de contratación co Informe do Departamento de Intervención, cos liberais catalogan como “Demoledor para o Goberno”. De feito, Palacín foi o primeiro voceiro da oposición en facer mención ao uso da figura do contrato verbal (segundo consta no Informe de Intervención) ou en falar de problemas ca transparencia. E así, deste modo, subliñan os liberais: “Seguimos a darlle voltas ao expediente”.
 
Prensa
 
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 06/04/2022. 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.