C21 pide ao Goberno o desatascado dos sumidoiros da Rúa Piñeiro.

 

Converxencia 21 acaba de solicitar por rexistro de entrada que se leve a cabo a limpeza dos sumidoiros que se atopan na baixada da Rúa Piñeiro.

Nesta zona e en moitos tramos das rúas do casco histórico o alcantarillado atópase sen o mantemento axeitado e por iso é necesario levar a cabo unha revisión e unha limpeza a fin de que si veñen choivas de final de primavera e comezos do verán non se produzan inundacións por falla de absorción de ditos sumidoiros.

José Palacín explica que a pesares do gasto inxente do Goberno neste último expediente de crédito, máis de 700.000 euros, quedan demasiadas cousas básicas por abordar por ausencia de optimización e o asunto do alcantarillado é clave para non sufrir danos e perdas en caso de choivas torrenciais. 
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 10/05/2022
 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.