C21 solicita que se limpen as beirarrúas e marxes na N – 550 por Guillarei.

 

Os centristas liberais continuamos traballando por tódalas parroquias da demarcación de Tui co obxecto de que o Goberno Local limpe as marxes das estradas e vías.

Nesta ocasión, o noso concelleiro, José Palacín, solicitou por rexistro que se tramite a limpeza das beirarrúas en todo o percorrido da estrada N 550, sobre todo no tramo que vai dende a gasolineira a rotonda de acceso a autovía.

Para C21 manter limpos os marxes non é so unha cuestión de practicidade no tránsito ou de imaxe das contornas, senón a mellor das medidas contra a prevención de incendios. 

 

Prensa

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 18 de Xullo de 2022.

Telemariñas.  

 

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?