C21 pide o arranxo dun tramo de baldosas na beirarrúa da Rúa Concordia.

 


Dentro da nosa campaña #tuiseguro, os liberais de Tui ven de solicitar por rexistro de entrada a reparación das baldosas que lindan ca entrada duns garaxes na Rúa Concordia.

Ditas pezas están levantadas, quebradas e soltas supoñendo un perigo para os transeúntes ao tempo que a beirarrúa vai deteriorándose máis e máis a medida que entran e saen os vehículos dos garaxes interiores.

O noso concelleiro, José Palacín, considera que: “A Concordia, sendo una das arterias principais de Tui, é tamén unha das grandes marxinadas polos investimentos públicos”, e solicitan unha reforma pero – matizan - “Sen que esta afecte a súa idiosincrasia de porta de Tui nin a súa capacidade de aparcamento”.

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?