C21 solicita que se tramite a recolocación da tapa dunha caixa telefónica na Rúa Concordia e reclama coordinación entre concellerías para atender estas cuestións.




O noso concelleiro, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se proceda a tramitación para que se recoloque a tapa dunha caixa de conexións de teléfono que está sita na Rúa Concordia, a altura do Nº 55.

Este poste destapado ofrece unha pésima imaxe, ao marxe de que calquera pode manipular o interior e avariar o entramado de pares. C21 leva tres anos traballando na súa campaña #tuiseguro e reclama maior coordinación entre as concellerías de Seguridade, Urbanismo, Medio Ambiente, Patrimonio e Vías e Obras para subsanar as deficiencias que se presentan neste ámbito das infraestruturas e plantexarán nos próximos meses protocolos de actuación máis eficientes e mellor coordinados. 
 
Prensa. 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 26/09/2022.



Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.