C21 considera que podería ser ilegal o préstamo de biotrituradoras a cidadáns particulares aprobada en Pleno polo Grupo socialista e o BNG.

No Pleno do pasado xoves, no punto 9 da Orde do Día, aprobouse cos votos do PSOE e do BNG, unha proposta do Goberno que consistía en que o Concello preste a cidadáns particulares biotrituradoras co afán de promocionar a reciclaxe de podas e outros sobrantes agrícolas.

O noso partido está plenamente de acordo en que hai que buscar fórmulas para artellar a reciclaxe no rural e evitar as queimas que supoñen un risco de incendios e que resultan contaminantes, pero ao tempo explica que a medida xa aprobada no Pleno, podería resultar ilegal porque é contraria ao artigo 45 da Lei de Bens Patrimoniais das Administracións Públicas que so contempla a cesión de bens do Concello a organismos públicos ou a organizacións privadas sen ánimo de lucro, pero este caso do paso temporal destas biotrituradoras a mans privadas e particulares non se contempla.

O noso concelleiro, José Palacín, desvelou esta cuestión no Pleno de Setembro, ademais de que afirma que existen dúbidas sobre a carga ou reparto de responsabilidades en caso de accidente con unha máquina que conleva un certo perigo debido a súa mecánica e ao seu fin.

Palacín tamén se pregunta se o Goberno xa comprou estes aparellos, cuestión a que non se lle contestou, e o que suporía un xesto de improvisación, e so valerían para a reciclaxe baixo a manipulación de operarios profesionais autorizados polo Concello.


Prensa

Telemariñas

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 03/10/2022

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.