C21 considera “inadmisibles” as declaracións do Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, sobre a Policía Local.

  
O noso concelleiro, José Palacín, ven de cualificar as declaracións do rexedor tudense nunha entrevista na Radio Municipal como “desafortunadas institucionalmente e polo tanto inadmisibles”.


O Sr. Cabaleiro, ante os micrófonos da R.M.T declamou: “As baixas collidas durante estas datas de Nadal por catro membros da Policía Local obedecían mais a unha cuestión de conflitos de intereses ou a outra intencionalidade”.

Palacín considera que: “Con estas declaracións o Sr. Cabaleiro coloca un velo de sospeita sobre os funcionarios públicos, algo que me produce estupor, porque non so se insinúa sobre a Policía, senón que, indirectamente, podería estarse cuestionando o sistema sanitario que avala as susoditas baixas. Por outro lado, tamén tende unha cortina de fume para tapar a súa mala xestión neste ámbito ”.

Os liberais xa advertíramos da enorme precariedade do servizo de vixilancia durante estas festas e explican que, por unha parte, faltan efectivos, por outra medios, comezando por unha comisaría, e por outra, capacidade ou vontade do Goberno Socialista para incrementar as horas extras en momentos claves como a Noite de Fin de Ano, cando este resulta un servizo esencial.

O noso concelleiro solicítalle a máxima autoridade local, “maior contención e non caer nunha deriva anti-institucional”.

 

Prensa

Telemariñas

Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 do día 13 de xaneiro de 2023.

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.