C21 laméntase da falta de previsión e de ideas na organización da conmemoración do Ano Francisco Sánchez.


C21 laméntase pola falta de previsión con que o Goberno Local trata a conmemoración do aniversario da figura do filósofo tudense Francisco Sánchez, agora que se conmemoran os 400 anos do seu falecemento.

Onte, día 10 de xaneiro, o Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, e a súa Concelleira de Cultura, mantiveron unha reunión co Director Xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo, para presentarlle o programa de actividades do “Ano Francisco Sánchez”.

Os centristas consideramos ca reunión debería terse realizado tempo atrás, incluso previamente a declaración polo Pleno da Corporación Municipal de 2023 como “Ano de Francisco Sánchez”, e respecto do programa, que debería ter buscando a colaboración de todos, e así, con isto, ter xa un percorrido desde o inicio do ano e contar cun proxecto máis enriquecedor.

Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, considera que: “Este programa debería ser un evento realizado conxuntamente co Consello da Cultura Galega, ca Câmara Municipal de Braga e ca Universidade de Toulouse, e non circunscribirse só ao ámbito municipal e as cidades compoñentes da Rede de Xuderías de España e ser despachado cunha simple exposición itinerante”.

Os liberais queremos explicar co Goberno Socialista non traballa nun marco cultural amplo, senón máis ben en actos conxunturais desleixados e que non incide en apuntalar os eventos que singularizan a Tui. 

  

Prensa

Telemariñas

Radio Municipal de Tui. Notiicas 13.30 do día 12/01/2023. 

 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.