C21 solicita unha mellora das beirarrúas no ámbito de San Bartolomé e Rúa Calzada.



O noso concelleiro, José Palacín, considera que gran parte do ámbito de San Bartolomé necesitaría unha ou varias actuacións destinadas a mellora das beirarrúas que en moitos treitos son demasiado estreitas e non compren os estandares mínimos de anchura e algunhas están deterioradas. Así pois, debido a este feito, a circulación peonil carece de comodidade e incluso de seguridade.

Os centristas poñemos como exemplo o tramo da Rúa Calzada próximo a intersección ca Rúa Concordia que inclusive conten luminarias que obstaculizan o paso e non se pode circular case a pe e menos cunha cadeira de rodas, un paraugas ou un carro de bebe.

Para Palacín: “Ademais da ordenación do ámbito, cuestión que o Goberno socialista aínda non solucionou, si ben se vai avanzando neste eido, un lugar tan atractivo no patrimonial necesita ser potenciado con espazos no que o peón teña o seu espazo”, e os liberais chaman a atención sobre “a esaxeración de algunhas beirarrúas recentemente construídas en Colón en contraste ca ausencia delas neste sobranceiro e fermoso Barrio de San Bartolomé”.  

 

Prensa

Telemariñas

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 28 de febreiro de 2023.      

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.