Valoración dos resultados electorais en Tui.


O Comité Executivo Local de C21 vimos de valorar os resultados electorais obtidos este pasado domingo en Tui como discretos. O noso partido obtivo 603 votos, o 6,39% do apoio popular e un representante no consistorio, José Palacín, que manterá a súa acta. Isto permitiranos catro anos máis de percorrido e de servizo público.

Por suposto, partimos do agradecemento a esas persoas que confiaron en nós, ca firme promesa de non defraudar e de seguir traballando como ata agora. Tamén lamentamos non haber acadado a presidencia da Entidade Menor de Pazos de Reis por dous votos, a pesar da gran valía do equipo que se presentaba, liderado por Enrique Pérez.

En todo caso. imos a aportar sentido común, equilibrio, construtividade e absoluta lealdade, pero tamén seremos fiscalizadores e críticos cando proceda.

Unha vez felicitado ao PSOE, gañador dos comicios, e as demáis forzas que forman a Corporación (PP e BNG), facemos un chamamento oa entendemento entre as partes implicadas na gobernabilidade de Tui e advertimos que seremos duros contra os posicionamentos minimalistas e partidistas que redunden no bloqueo do desenrolo da economía e da sociedade tudense. Non consentiremos nin por acción nin por omisión catro anos case perdidos como os do mandato 2019 – 2023.

Por último, o noso candidato quere agradecer de corazón a todo o equipo de campaña o esforzo realizado, en condicións complexas e con unha carencia notable de medios, sobre todo en comparación das grandes maquinarias electorais.

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.