C21 inicia o mandato solicitando o regreso do Mercado do Xoves cara ao centro de Tui.


O noso recente electo concelleiro, José Palacín, iniciará o mandato intentando sacar adiante unha medida que considera vital para a dinamización de Tui, o regreso do Mercadillo do Xoves cara ao centro, establecéndose principalmente no Paseo da Corredoira e Augusto González Besada.

Palacín entende que: “Estamos ante un novo escenario de maiorías, pero sobre todo, creemos que é unha medida que pode beneficiar a mercaderes, a usuarios e tamén ao propio comercio local, interactuando todos para dinamizarse, ademais que suporía a recuperación dunha tradición”.

A tal efecto, os liberais presentaremos unha moción no primeiro pleno efectivo deste mandato, lembrando que este asunto foi “un dos nosos grandes cabalos de batalla durante o mandato anterior” e anuncian una etapa de iniciativas e vontade construtiva.  C21 está aberto a consensuar a entrada de outros grupos na moción. 

 

Prensa. 

Radio Municipal de Tui. 03/06/2023

Infomiño

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.