Converxencia 21 solicita o arranxo do firme da rúa Bispo Salvado por levantamento do firme e tamén avisou dos problema da rúa Aloques.

 


O noso concelleiro, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se arranxen os baches que salpican a Rúa Bispo Salvado.

Tratase de unha serie de buratos, 10 aproximadamente, que poden producir tropezóns e caídas aos transeúntes e tamén avarías nos vehículos que circulan por ese lugar.

C21 tamén avisou fai un ano dos serios problemas de seguridade por posibles desprendementos e carencias de iluminación na Rúa Aloques, acceso peonil a Riomuiños, e agora están a detectarse xa problemas serios en algúns muros. Ante isto o Concello aconsella transitar pola Rúa Videira pero C21 tamén advirte que non é unha rúa 100% segura e que carece dos estándares mínimos para transitala.

Os liberais expresamos a nosa preocupación pola escasa accesibilidade do Barrio de Riomuiños e por iso levabamos no noso programa a apertura da Rúa Videira e un cambio de enfoque respecto a circulación e aparcamento na contorna.

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.