Converxencia 21 considera inaceptable o fracaso en aras da rehabilitación do Teatro Principal.


 


 Palacín: “A única xestión real respecto do inmoble realizouse co noso Goberno, de momento o demais é fume”. 


O noso concelleiro, José Palacín, ven de mostrar o seu malestar polo novo episodio frustrado na tentativa de rehabilitación do teatro.

En abril de 2023, en plena precampaña electoral, o Goberno Local lanzaba as campás a voar anunciando que a reconstrución do Teatro Principal xa estaba en marcha ao acadar unha subvención do MITMA (Ministerio de Transportes, Mobilidade y Axenda Urbana) de 772.000 euros a cargo do fondo provisional PIREP ao que habería que sumar unha aportación municipal de 400.000 euros, pero a cuantificación real do proxecto elaborado polo arquitecto Cesar Portela alcanzaba os 3 millón de euros. De forma pública, C21 congratulouse de ese éxito inicial pero advertiu que: “O Executivo Local debe ser cauto, o teatro non pode converterse nun mero reclamo electoral e hai seguir traballando porque queda moito por facer”.

En procura do resto do montante, o Concello acaba de acudir ao Ministerio de Industria e Turismo sufrindo unha negativa que demostra a pouca sensibilidade do Goberno Central con Tui e a escasa planificación do Goberno Local a hora de acometer a procura de liñas de financiamento, e máis cando Palacín xa advertira en Pleno que habería que ser moi claros cos usos deste inmoble e a partires de ese punto trazar as estratexias para elaborar proxectos sólidos; e apunta o voceiro liberal: “Precisamente ese foi o Talón de Aquiles da proposta ao Ministerio e despois veñen as pataletas; menos mal que aínda queda a posibilidade do 2% Cultural pero aquí no se pode fallar”.

Palacín expresa que: “A única xestión pública tanxible respecto deste emblemático edificio foi realizada polo Goberno de Converxencia 21 en 2019, cando o mercou, e a partir de entón so se vendeu fume ata que isto acabe en cinzas”.

Os liberais tamén fan un chamamento a Deputación de Pontevedra e sobre todo á “Xunta de Galicia para que aporten o que lle corresponde por obriga moral e que lembren que o Teatro de Tui foi o escenario dos Xogos Florais de Galicia de 1891, marcando un fito ao ser o primeiro acto público celebrado integramente en galego”. C21 considera que o Teatro Principal de Tui non pode ser discriminado respecto do Teatro Cine Fraga de Vigo onde a Xunta acaba de estender un cheque en branco.

Palacín ponse a dispor do Goberno Local para o que necesite co obxecto de que finalmente se rehabilite, non so o edificio, senón a vida no Centro Histórico.

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.