Considero un erro os ultimatums en política


Onte o Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro convocábanos a un Pleno Extraordinario e Urxente co obxecto de dirimir unha cuestión de confianza ligada aos orzamentos 2025. Isto ven dado, supostamente, polo feito de que o pasado día 24 de xuño a totalidade dos grupos da oposición rexeitamos dito proxecto orzamentario.  

Certamente, o primeiro que hai que significar é que unha Sesión Plenaria ten un custe para o erario público e que deben economizarse as convocatorias na medida do posible, e este proceso será un derroche.  

O segundo, resulta obvio, esta oposición en xeral, e eu en particular, levamos demostrado: 1) Educación e respecto institucional fronte ao que foi a oposición persecutoria e maledicente contra aquel goberno de Converxencia 21. 2) Consideración e benevolencia, tendo en conta algúns expedientes e patinazos significativos do PSOE, lembrando que o Sr. Padín foi levado a fiscalía repetidamente e linchado en redes e medios de comunicación de forma cruel. 3) Cooperación dentro dos límites da lóxica política por discrepancias de ideoloxías e programas, e neste aspecto, por exemplo, o Goberno de C21 sufriu un bloqueo constante, incluso para as asuntos mais nimios como o "Concurso de ideas para a fronte fluvial" (5 veces a Pleno), sen embargo, eu din paso as facturas por responsabilidade para que cobren os provedores e aprobei, por exemplo, o Orzamento de 2024, co cal non son sospeitoso de moverme con afán de bloqueo, todo o contrario, considero que estou actuando en aras de cooperar no futuro de Tui de forma limpa, construtiva, razoable, transparente e educada pero loxicamente baixo as regras que me ditan a miña conciencia e as miñas conviccións.  

Con matices, o problema principal é que ao Partido Socialista cústalle moito gobernar en minoría porque ten dificultades para escoitar aos demais e sobre todo para introducir outros puntos de vista e medidas na súa acción de goberno. Isto comprobouse moi as claras cando na negociación destes orzamentos solicitei a supresión do Imposto de Plusvalía, inxusto e engorroso para o contribuínte, pero que en realidade ao Concello so lle significa retraer 19.000 € do capítulo de ingresos. O Sr. Alcalde nin sequera contestou ao requirimento, que viña acompañado de impulsar a execución de tres obras en San Caetano de Paramos, no Torreiro de Baldráns e en San Miguel de Pexegueiro, obras que tamén estaban contempladas no programa do PSOE. ¡Así de fácil llo puxen!

Ante a negativa de tódolos grupos a apoiar os orzamentos, ao día seguinte, chamei ao Sr. Alcalde e volvín a reiterar a miña oferta, e ademais, observando a apertura do Partido Popular a absterse nestes orzamentos, ofrecín a miña mediación; todo en aras de lograr un acordo.

A resposta foi este subterfuxio que é legal, pero politicamente pouco afortunado porque desestabiliza ao Concello, ofrece unha mala imaxe de Tui e que busca abocarnos a so dúas opcións: 1) A reedición do victimismo dos tempos de Sr. Padín en caso de que a oposición entre a trapo ca moción,  pola miña banda "non será así", 2) Aprobar estes orzamentos sen negociar, con un decreto encuberto, negando a pluralidade saída das urnas, porque o PSOE sabe que o PP e o BNG non poden chegar a un acordo para propor a un candidato a Alcaldía e menos para formar coalición.

Sen embargo, como este ultimatum é un erro, eu sigo aberto a negociación e a mediación para evitar este despropósito. A miña oferta ao Sr. Cabaleiro mantense en pé, sendo sincera. En todo caso, ao mellor el mesmo podería deixar dentro do seu grupo esta tarefa a alguén con maiores aptitudes negociadoras.


Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?